Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibiron este verán diversos recoñecementos dentro e fóra de España. Por unha banda, os nosos viños foron os máis premiados de Galicia na XII Cata de Vinos Tintos Gallegos e na XVI Cata de Vinos Blancos Gallegos, celebradas ambas en Euskadi.
A RIBEIRA SACRA ACAPARA OS PRIMEIROS PREMIOS
Na modalidade de tintos, competían 42 mostras das cinco Denominacións de Orixe galegas, das que 24 procedían da Ribeira Sacra, e que disputaron os catro premios que este ano otorgaba o xurado destas probas. O resultado recoñeceu de xeito maioritario a calidade dos viños da Ribeira Sacra, que acadaron tres dos catro galardóns. Así, Marcelino I, da adega Marcelino Álvarez González, acadou o primeiro premio, mentres que Cruceiro, da adega de Ramón Marcos Fernández, levou o segundo premio, e o accésit recaeu no Sabatelius de Adegas e Viñedos Lareu S.L. O terceiro premio correspondeu a un viño das Rías Baixas. Na modalidade de brancos, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra presentou 5 das 48 mostras rexistradas, acadando o primeiro premio co viño Peza do Rei de Adegas Cachín S.C.
POSITIVO BALANCE NA PARTICIPACIÓN DOS NOSOS VIÑOS NO CERTAME INTERNACIONAL DE AOSTA
Por outra banda, Ribeira Sacra participou no XX Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta con 45 mostras de tinto e 9 de brancos. Bodegas Regina Viarum acadou o Premio Especial Cervim, que recoñece á adega con maiores puntuacións no conxunto de viños presentados, e Viña Mezquita 2011 de José Manuel Vida López recibiu o Gran Premio Cervim para o viño con mellor puntuación absoluta.
6 MEDALLAS DE OURO, 10 DE PRATA E 1 GRAN MEDALLA DE OURO
Na categoría de viños tintos tranquilos vendimias 2010-2011, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra acadou Medalla de Ouro cos viños Adega Barbado 2011, de Tomas Rodríguez González; Nogueiras 2011, de Roberto Regal López; Regina Viarum 2011, de Bodegas Regina Viarum; Cividade 2011, de José Ramón Verao Pérez; Terras Mouras 2010, de Maximino López Vázquez; e Estrela 2011, de D´Fran S.C. Pola súa parte, e dentro desta mesma categoría, recibiron Medalla de Prata os viños Casa Noguedo 2011, de Ramón Marcos Fernández; Cruceiro Rexio 2011, de Ramón Marcos Fernández; Sollío 2011, de Victorino Álvarez Rodríguez; Sabatelius 2011, de Adegas e Viñedos Lareu S.L.; Cruceiro 2011, de Ramón Marcos Fernández; Marcelino I, de Marcelino Álvarez González; Viña Cazoga, de Adegas Viña Cazoga; Portelo, de Terras de Líncora S.C.; Marqués de Garoña, de Adegas Viña Garoña S.L.; e Cepavella, de Adegas Moure S.A. O viño Viña Mezquita 2011, de José Manuel Vidal López, obtivo a Gran Medalla de Ouro, o máximo galardón desta categoría.
MEDALLA DE OUTRO NA CATEGORÍA PARA VIÑOS DE 2009
Na categoría outras añadas, referente á campaña 2009 e anteriores, recibiu a Medalla de Ouro o viño Don Bernardino, de Don Bernardino S.L.
3 MEDALLAS DE PRATA PARA OS BRANCOS
Por último, na categoría de brancos a Denominación de Orixe Ribeira Sacra acadou tres Medallas de Prata cos viños Almalarga 2010 Godello Barrica, de Pena das Donas S.L.; Regina Viarum Godello 2011, de Bodegas Regina Viarum; e Viña Vella 2011, de SAT Virxen dos Remedios.