Presentados os achados de arte rupestre da Cova Eirós, en Triacastela

A cova lucense contén “os primeiros restos de arte parietal paleolítico en Galicia”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou a Cova Eirós acompañado por representantes académicos e técnicos. GCC.

No mes de agosto déronse a coñecer os resultados dos traballos arqueolóxicos que se veñen a realizar na Cova Eirós, en Triacastela, e que confirman o achado “dos primeiros restos de arte parietal paleolítico en Galicia que se traducen en indicios de restos de pinturas e gravados rupestres nas paredes da Grande Sala da citada cavidade”. Así o confirmou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, na súa visita ao emprazamento de Triacastela, acompañado polo director do proxecto, Ramón Fábregas, os coordinadores das escavacións, Arturo de Lombera Hermida e Xosé Pedro Rodríguez; así como o reitor da USC, Juan Casares Long.

O titular de Cultura destacou este “importante descubrimento”, enmarcado nun proxecto de investigación que conta co respaldo da Consellería de Cultura e Educación, a través dunha achega de máis de 13.000 euros, e do apoio técnico da Dirección Xeral de Patrimonio. Estas investigacións forman parte do proxecto “Ocupacións humanas durante o Pleistoceno da cunca media do Miño”, que se ven desenvolvendo dende 2008 co obxecto de investigar ocupacións correspondentes ao Paleolítico no Noroeste peninsual. Os técnicos explicaron que ata o de agora xa se localizaron varios niveis de ocupación do Paleolitico Medio e Superior de entre 85.000 e 35.000 anos. Ademais, se comprobou que a cova tamén foi ocupada na Idade de Bronce e Media.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Reapertura da Piscina municipal de Monforte tralo peche técnico a finais de agosto

Seguinte Nova

A Xunta destinou dende 2009 preto de 900.000 euros para o fomento da agricultura ecolóxica

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio

Don't Miss