Case 500 quilómetros de estradas de titularidade provincial no sur de Lugo melloraron as súas condicións de seguridade e limpeza polas tareas de desbroce que desenvolveu o mes pasado a Deputación de Lugo. Os trazados situados nos concelllos de A Pobra do Brollón, Sober, Quiroga, Ribas do Sil, O Saviñao e Carballedo están xa completados, e nestes días estanse a executar os restantes 300 quilómetros, ao seu paso por Chantada, Pantón, Bóveda e Monforte.
O organismo provincial explicou que os traballos de roza iniciáronse en agosto para optimizar recursos, e non ter que levalas a cabo dúas veces debido ás condicións metereolóxicas do verán. Suliñaron a diferencia coa xestión da Xunta de Galicia, “que en vez de rozar as estradas optaron por sulfatalas porque é máis barato e áxil”, mentres que a Deputación decidiu manter as tarefas de desbroce, para evitar danos no medio ambiente e non incrementar o risco de incendios forestais. A Deputación contratou o desbroce da sección sur da rede viaria provincial a cinco entidades adxudicatarias destes traballos, dotados de 100.000 euros, con cargo ó Plan de Conservación de Estradas, garantindo así a seguridade vial e fomentando a actividade económica das Pemes.