Nos dous concellos do sur de Lugo tiveron lugar na primeira fin de semana de setembro as actividades da modalidade “Galego de cine”, unha sesión chea de filmes en galego destinadas ao público infantil e que puideron verse “na sala de proxeccións máis pequena e peculiar do país”. Unha caravana que está a percorrer os concellos galegos para entreter aos máis cativos e para que aprendan con máis dunha ducia de curtametraxes en galego, escollidas previamente na súa carteleira. Ademais, o “revisor das palabras”, condutor da actividade, introduce ao público nunha serie de dinámicas orientadas a comprender a linguaxe audiovisual mediante a interactuación en galego. Ao remate da sesión, os asistentes participaron nun “vídeo-matón” para confeccionaren unha curtametraxe colectiva.



