Sober mellora a sinalización de poboación, de turismo e de tráfico a través da reciclaxe de sinais

Ao longo do mes de agosto, dende o Concello de Sober desenvolveron unha iniciativa para a mellora da sinalización xeral do termo municipal, a través da recuperación de sinais duplicadas ou almacenadas sen uso nas dependencias locais, co fin de garantir unha mellor sinalización de máis núcleos de poboación, puntos de interés turístico e indicacións de tráfico dentro e fóra dos núcleos urbanos. Así, preto de medio centenar de lugares do concello contan xa con indicador de poboación, e se traballa en aumentar o número de núcleos sinalizados. Tamén se colocaron máis sinais nos miradoiros do Sil, recuperando elementos sinaléticos duplicados ou mal situados. Emplazáronse ademais diversos sinais para a mellora do tráfico rodado, na capital municipal e nas estradas de titularidade municipal.

Según os responsables locais, esta iniciativa acada un triple obxectivo, ao mellorar a sinalización, reciclar material fóra de uso e aforrar así unha importante cantidade de diñeiro. Asimesmo, dende o Concello solicitaron con éxito melloras da señalización en estradas de titularidade provincial, autonómica ou estatal, de xeito que, por exemplo na N-120, foron colocados indicadores de Sober no sentido Ponferrada-Ourense.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober abre en Galicia o ciclo de música Espazos Sonoros 2012

Seguinte Nova

Recollida de roupa usada en Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss