“Normalidade” na apertura do curso escolar e polémica institucional sobre os centros da Montaña lucense

O alumnado voltou ás aulas de Galicia nun clima de “normalidade”, según os responsables autonómicos de Educación. Arquivo EC.

Mentres na maior parte dos concellos do sur de Lugo o curso escolar comezou sen incidencias, a polémica institucional sigue aberta ante a repercusión que a política da Xunta de Galicia no eido educativo poida ter no desenvolvemento do curso que agora comeza.

MELLORAS NO CEIP DE BÓVEDA

A normalidade foi a característica máis destacada nos centros educativos da nosa zona. Así por exempolo, os 47 alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda, iniciaron o curso 2012-2013 “de xeito normalizado”, según destacou o alcalde José Manuel Arias, que apuntou que “detrás desta satisfactoria posta en marcha do curso en Bóveda está a actuación de toda a comunidade educativa do concello, tanto das familias como do profesorado, que posúen unha responsabilidade fundamental de cara á formación da xuventude de Bóveda”.

MELLORAS NO CENTRO

Por outra banda, José Manuel Arias destacou tamén que esta volta ás clases serviu para apreciar as últimas melloras acometidas no centro, en concreto as actuacións realizadas no peche perimetral exterior de malla e nas instalacións do porche. Según explicou o rexedor local, estas actuacións súmanse ás melloras acometidas nos últimos tres cursos para a modernización do circuito de gasoil destinado ao abastecemento do sistema de calefacción, e ao pintado de varias das dependencias do centro, unas obras que supuxeron un investimento de preto de 50.000 euros. Así, José Manuel Arias agradeceu “o esforzo realizado pola Consellería de Educación para a adecuación dos recursos ás necesidades educativas do municipio de Bóveda, e o traballo desenvolto para o mantemento dos servizos complementarios básicos”.

VISITA INSTITUCIONAL A SARRIA, E NOVIDADES DO CURSO QUE COMEZA

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou o primeiro día das clases o CEIP Frei Luis de Granada, en Sarria, onde mantivo unha reunión coa comunidade educativa do centro. Na súa visita, Arias a “normalidade, salvo casos aillados”, da volta ás clases dos 6.724 alumnos de Educación Infantil e dos 12.850 de Educación Primaria da provincia de Lugo. Asimesmo, a delegada territorial comprobou as obras de mellora na estrutura do edificio do colexio sarriano, que consistiron na instalación dun ascensor para incrementar as opcións de accesibilidade, diversas medidas de modernización nos aularios e a remodelación do comedor e da cociña. Durante a súa visita a Sarria, Raquel Arias suliñou que no curso que agora comeza, 21 novos centros integraranse no proxecto Abalar, catro máis pasarán a formar parte do proxecto de centros plurilingües, e incorporaranse 63 seccións bilingües novas na provincia de Lugo.

DECLARACIÓNS DO XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN EN LUGO

Pola súa parte, o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na provincia de Lugo, José Jesús Ramos Ledo, lamentou no inicio do curso escolar que “algunhas organizacións estean a promover a politización do ensino e a alarma social” entre a comunidade escolar do rural lucense, “o que non redunda en nada máis que nun claro prexuízo para o alumnado, pero tamén para as súas familias e os propios docentes”. Estas declaracións refírense ao acontecido no CEIP de Lousada, no concello de Guntín, que abriu o curso sen a presencia do alumnado, e sobre o que Ramos Ledo afirmou que “non se entende que os pais non enviaran aos rapaces á clase, se non é por estaren influenciados polo alarmismo que estas organizacións están a difundir entre a sociedade nas últimas semanas”. Asimesmo, Ramos Ledo fixo tamén fincapé en que en centros educativos da Montaña de Lugo, como é o caso de Samos, con 25 alumnos, e O Incio, con 22 alumnos, a ratio de alumnos por mestres é tamén “sensiblemente inferior á que presenta a comunidade galega, xa que ámbolos dous centros contan con tres profesores cadanseu”. Nestes dous centros, os colectivos de nais e pais amosaron o seu rechazo fronte a política educativa da Xunta. Así, o alumnado de infantil e primaria do CEIP de Samos non acudiu ás clases os tres primeiros días do curso como sinal de protesta. Pola súa banda, no CEIP de O Incio a protesta persiste, xa que o alumnado de infantil leva sen acudir ao centro dende o comezo oficial do curso. Non obstante, o xefe territorial cualificou estes casos de “situacións illadas” no contexto do inicio de curso, que de maneira xeral se desenvolveu “con normalidade dentro dos colexios e centros educativos da provincia de Lugo”.

APOIO PROVINCIAL ÁS REIVINDICACIÓNS DAS ANPAS DO RURAL LUCENSE

Diversos colectivos de pais e nais de colexios da Montaña lucense están a reivindicar no comezo deste curso o mantemento das unidades educativas que viñan existindo ata o curso pasado, e para evitar que se aglutinen nunha mesma aula alumnos de diversos niveis educativos. Neste sentido, a Área de Cultura da Deputación de Lugo amosou o seu “apoio ás reivindicacións” que nos primeiros días do curso escolar amosou en Compostela a Coordinadora Galega de ANPAS do Rural, coa finalidade de reclamar á Xunta de Galicia “unha lei que garanta, e non só durante o curso 2012-13, senón mentres haxa nenos e nenas na Montaña, que a Administración manteña a especialidade de infantil e as necesarias para que os nosos fillos teñan as mesmas oportunidades educativas que o resto de nenos de Galiza”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Parador de Monforte promocionará os produtos cabeceira de marca de Galicia

Seguinte Nova

70 bolsas de emprego en Europa do programa Leonardo da Vinci

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: