Elévase a idade para poder acceder a estas axudas, que ata agora era de 45 anos como máximo. A Consellería de Traballo e Benestar destina este ano máis de 140.000 euros a esta partida coa finalidade de mellorar a situación laboral das persoas que traballan no agro galego e promover a creación do emprego neste sector. Esta partida subvenciona as altas no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para empregados por conta propia agrarios que cumprindo os requisitos e condicións establecidas se atopen cunha situación formalizada entre o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012, ambos inclusive. A contía total da axuda será de 3.000 euros por persoa beneficiaria. As solicitudes poden presentarse ata o 1 de outubro.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa
• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura