Aberto ata o 2 de outubro o prazo de inscripción
As becas Leonardo da Vinci permitirán que 70 mozos e mozas da provincia de Lugo poidan realizar práticas laborais en empresas de Europa sen apenas custe. Ata o 5 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes das bolsas do programa Leonardo da Vinci, cofinanciadas pola Unión Europea e a Deputación de Lugo, a entidade provincial de Galicia que acadou máis financiación para esta iniciativa, ó estar dotadas con 309.000 euros, cofinanciados nun 70% pola Unión Europea, 210.000 euros, en nun 30% polo organismo provincial. Deste xeito, a Deputación asume os principais custes desta iniciativa, co que os gastos dos beneficiados serán praticamente cero.
CARACTERÍSTICAS DAS BOLSAS LUGOJOB
Estas becas están distribuídas en dúas programacións, destinadas a universitarios e a titulados de Formación Profesional. Así, o programa Lugojob, ofrece un total de 50 becas destinadas a lucenses menores de 35 anos, con formación universitaria relacionada cos sectores da agricultura, silvicultura, pesca, protección do medioambiente, turismo, informática e ciencias da vida. O programa Lugojob ofrece aos universitarios práticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda durante tres meses, aínda que a estancia en ditos países será de tres meses e medio co fin de que, durante as primeiras dúas semanas, os participantes realicen un curso de perfeccionamiento do idioma correspondente.
PARA TITULADOS EN IMAXE E SON
Pola súa parte, a Fundación TIC, organismo provincial especializado no desenvolvemento das tecnoloxías da Información e da Comunicación, xestiona as 20 becas da programación do Ticlugo. Estas bolsas están destinadas a lucenses menores de 30 anos, que nos últimos tres anos remataron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son da TIC. Os beneficiarios realizarán práticas en empresas de Portugal (Lisboa), Italia (Módena) e Irlanda (Belfast) durante dous meses e medio, aínda que, como no caso das becas Lugojob, a estancia amplíase en dúas semanas máis para que os participantes realicen un curso de idioma.
QUÉ CUBREN ESTAS BECAS
Os beneficiarios de ambos programas contarán cun titor, que fará un seguimento continuo e personalizado durante todo o proceso. A Deputación asumirá os custes das viaxes de ida e volta, os desprazamentos locais, aloxamento, preparación lingüística e os titores, ademais de conceder unha axuda económica, para maiores gastos, de 450 euros en total.
DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITUDES
Os interesados poderán informarse nas webs www.deputacionlugo.org e www.fundaciontic.org. O prazo de solicitude está aberto ata o 2 de outubro inclusive, e deberá presentarse fotocopia do DNI, certificado ou volante actualizado de empadroamento nalgún dos Concellos da provincia, fotocopia do título académico, currículum, certificado actualizado de períodos de inscrición como demandante de emprego, un escrito indicando a adecuación do título académico ós sectores ós que se dirixen as bolsas, e unha declaración responsable de non ser anterior beneficiarios dunha axuda Leonardo Da Vinci. A documentación para as bolsas Lugojob deberá entregarse no Rexistro da Deputación de luns a sábado de 9:00 a 14:00 horas, e para as Ticlugo se presentarán na secretaria da Escola de Imaxe e Son (rúa Frei Plácido Lemos, en Lugo) de 8:30 a 15:00 horas, de luns a venres.