Os responsables provinciais explicaron que “nunha provincia como Lugo, fondamente ligada ao sector forestal e cunha produción neste eido que vai en aumento, este tipo de publicacións que recollen o vocabulario técnico bótanse en falla”. Mario Outeiro, delegado de Cultura no organismo provincial, cualificou este traballo, realizado polos profesores Antonio Rigueiro, José Javier Santiago, Pablo Vila e Juan José Villarino, da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, e editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, como “imprescindible”, e “unha ferramenta útil para os profesores e o alumnado, así como para empresas, enxeñeiros en activo ou para as persoas dos distritos forestais, entre outros”.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga