Ás 12 horas do sábado 29 terá lugar a apertura do curso no Centro Sociocultural da capitalidade. Os interesados aínda poden formalizar a matrícula ata o 25 de setembro en horario de 10 a 14 horas no mesmo Centro Sociocultural. Dende o Concello informan que o alumnado matriculado no curso 2011-12 deben chamar ao teléfono 982 46 05 13 para verificar os seus datos. Frauta Traveseira, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba e Percusión son as especialidades que oferta esta Escola, ademais de Piano, Guitarra e Acordeón como complementarias, e as asignaturas grupais de Linguaxe Musical, Banda Xuvenil, Coro e Grupos instrumentais, cun total de 7 profesores especialistas. A Escola de Sober imparte tamén Música e Movemento para nenos de 1 a 6 anos, e Música para Adultos sen límite de idade.