A mocidade de entre 12 e 30 anos pode solicitar o Carné Xove, e beneficiarse dunha serie de vantaxes non só en Galicia senón tamén en España e en 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove. Dende a Oficina Municipal de Xuventude (OMIX) de Chantada informan de que os interesados poden obter esta tarxeta persoal e intransferible cubrindo un impreso de solicitude, presentar o DNI e pagar 6 euros na mesma Oficina Municipal de Xuventude de 10 a 14 horas, e de 17 a 20 horas. Este Carné Xove, cunha validez de dous anos dende a súa expedición, permítelle aos seus titulares un acceso privilexiado a bens e servizos de carácter cultural, formativo, comercial, de aloxamento e tamén de transporte, e incluso obter un 50% de desconto na matrícula para sacar o carné de conducir en todas as autoescolas.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• O acordo inclúe tamén pedir á Xunta que poña en funcionamento un Observatorio de Prezos
• A campaña, que difundirá o valor da toponimia galega, inciase en Pantón o 17 de
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou os decretos da Consellería do Medio Rural polos que
• O Concello procedeu a executar os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante