A Rede Museística Provincial clausurou as actividades de verán

A programación incluiu diversas actividades no Museo Pazo de Tor, en Monforte

Os responsables provinciais de Cultura expresaron a súa satisfacción polo “éxito” acadado na programación das Actividades de Verán da Rede Museística, “nun intento acertado de achegar a cultura aos máis pequenos dunha maneira amena”, sinalou Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo durante o acto de clausura desta programación, celebrado no Museo Provincial de Lugo. Outeiro destacou tamén o feito de que esta programación estiverse presente en catro comarcas diferentes, según a ubicación dos catro museos da Rede, “facilitando a participación e axeitando o programa ás particularidades de cada zona”.

Preto de 200 rapaces de entre 4 e 12 anos participaron nesta programación que se desenvolveu nos catro museos da Rede, entre eles o Museo Pazo de Tor, en Monforte, onde se realizaron obradoiros do programa Enrédate na Rede e un campamento de arqueoloxía. No acto de clausura, os participantes recibiron un diploma e un diario cunha memoria fotográfica dos obradoiros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Escola Municipal de Música de Sober comezará o curso o 29 de setembro

Seguinte Nova

A OMIX de Chantada lembra as vantaxes do uso do Carné Xove

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss