Adxudicadas as obras de reparación do firme de 7,6 kms do corredor Monforte-Escairón

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inviste máis de 281.000 euros nesta actuación

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar as obras de reparación na capa de rodadura no corredor Monforte- Escairón, entre os puntos quilométricos 4+750 e 12+400, o que supón un total de 7,6 kms.

REPOSICIÓN DA CAPA DE RODADURA, E DE MARCAS VIAIS E SINAIS VERTICAIS

O investimento do departamento autonómico nesta actuación ascende a algo máis de 281.000 euros. As obras consistirán na realización dun fresado previo das zonas deterioradas e a posterior reposición da capa de rodadura onde esta se atope agrietada para, posteriormente, aplicar un microaglomerado en frío. Asimesmo, a actuación inclúe a mellora xeral deste vial pola reposición de marcas viais e sinais verticais. Según destacaron os responsables da Consellería, estas actuacións beneficiarán aos preto de 30.000 veciños dos concellos de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao.

O PP DE MONFORTE CRITICA O “DESINTERÉS” DO GOBERNO LOCAL POLO TRAMO DE DISTRIZ

Pola súa parte, a portavoz do PP en Monforte, Julia Rodríguez, sinalou o mal estado do tramo da antiga N-120 entre o casco urbán e Distriz. Rodríguez insiste en que o tramo “non é seguro” nin para vehículos nin para peóns. A portavoz do PP sinala que “se o Goberno local decide non intervir responderá á súa deixadez co gasto produtivo, aspecto que se vé reflexado nos escasos 200.000 euros recollidos no presuposto municipal para inversión real”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aumenta a porcentaxe de empresas galegas que empregan software libre

Seguinte Nova

Traballo investiu preto de 12.000 euros en cursos de formación para autónomos lucenses

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: