Aposta provincial polo enoturismo en Monforte

A Deputación apoia asimesmo o proxecto da Ruta da Ribeira Sacra no Miño, promovido pola asociación veciñal de O Saviñao

O Centro do Viño de Monforte funciona como punto de referencia no deseño das rutas enoturísticas que se desenvolven na Ribeira Sacra. Arquivo EC.

O papel do Centro de Viño de Monforte como eixo dos roteiros enoturísticos da Ribeira Sacra verase reforzado a través dun convenio de colaboración que a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo ven de aprobar para colaborar co Concello de Monforte no mantemento deste centro de referencia turística. Así o anunciou o delegado de Cultura e Turismo provincial, Mario Outeiro, que precisou que este convenio está dotado con 50.000 euros, e servirá para facer fronte aos gastos de xestión e mantemento do museo, do punto de información e da tenda do Centro do Viño.

“OBXECTO PRIORITARIO” DA POLÍTICA TURÍSTICA

Esta aposta polo enoturismo no sur de Lugo explícase, según Outeiro, porque “a nosa provincia ten potencial suficiente para converterse en referente turístico medioambiental e cultural de calidade”, e destacou o apoio do organismo provincial “a calquera iniciativa que converta ao Centro do Viño de Monforte nun centro de ocio, cultura, empresarial, turístico, de formación e gastronómico, sede de todas as actividades relacionadas cos viños da Ribeira Sacra”. Asimesmo, o responsable provincial de Turismo suliñou que “na Ribeira Sacra conxúgase riqueza natural, historia e gastronomía, e por iso é obxecto prioritario da política turística da Deputación de Lugo”.

INICIATIVA VECIÑAL NO DESENVOLVEMENTO DO SENDEIRISMO

Por outra banda, o organismo provincial aprobou un convenio coa Asociación Veciñal de O Saviñao para o financiamento do proxecto da Ruta da Ribeira Sacra no Miño, para o que se destinarán 30.000 euros. Este proxecto, según explicaron os responsables provinciais, está centrado no acondicionamento e sinalización dunha ruta de sendeirismo de máis de 30 quilómetros polas marxes do río Miño ao seu paso polos concellos de Pantón e O Saviñao.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte afonda no legado cultural do VII Conde de Lemos

Seguinte Nova

O Parador de Monforte promocionará os produtos cabeceira de marca de Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: