As Barcas do Cabe van a máis a pesar da crise

Éxito deste programa municipal de Monforte

O programa de Paseos en Barca polo río Cabe, posto en marcha un ano máis polo Concello de Monforte co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, acadou un total de 1.490 viaxes durante os dous meses e medio de funcionamento.

MÁIS MOCIDADE DE ENTRE 11 E 15 ANOS, E MÁIS USUARIOS DE CONCELLOS LIMÍTROFES

A asociación Casa do Barqueiro foi este ano a encargada de xestionar esta actividade, que incrementou este ano a participación da mocidade e de visitantes de concellos limítrofes.

INCREMENTO DOS PASEOS EN BARCA DE ANO EN ANO

Según informou a Concellería de Cultura, a programación dos Paseos en Barca polo río Cabe está a ter unha acollida cada vez mellor entre cidadáns e visitantes dende que se ofertaron por vez primeira no verán do 2005, incrementando ano tras ano a cifra de viaxes da temporada anterior. Así, no ano 2009 realizáronse 1.033 viaxes, que subieron a 1.300 no 2010, e acadaron a cifra récord o pasado ano, con 1.625 viaxes.

VALORACIÓN “MOI POSITIVA” DA ACOLLIDA DO PROGRAMA “A PESAR DA CRISE”

Os 1.490 paseos deste verán son valorados de xeito “moi positivo” dende o Concello de Monforte, xa que nesta edición o horario era moito máis reducido para aforrar custes, sen que dita circunstancia afectara negativamente ao desenvolvemento da actividade e á participación de cidadanía e visitantes. Dende a Concellería de Cultura informaron tamén de que o programa dos paseos en barca deste verán supuxo unha recadación de 4.470€.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezou na Casa da Cultura de Monforte o curso de formación teatral impartido polo actor Pepe Penabade

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra iniciará oficialmente a vendima o 26 de setembro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: