Un informe do Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas do CENATIC sobre os anos 2011 e 2012 fala dun 80%, o que supón un aumento de cinco puntos con respecto a 2011. Esta suba detéctase sobre todo no sector servizos, cun 7,9% máis de empresas usuarias de software libre. Según este informe, o incremento débese en boa medida a un maior uso dos navegadores web de software libre, utilizados polo 75,1% das empresas con máis de 10 traballadores no ano 2012, pero tamén ao uso de aplicacións ofimáticas, de sistemas operativos e doutras aplicacións de uso libre. Esto confirma que as empresas de maior tamaño apostan polo software libre, como estratexia para mellorar a produtividade e reducir custos. Só un 45,5% das empresas de menos de 10 empregados recoñece que utilizou algunha tipoloxía de software de código aberto en 2011.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Os recursos públicos distribuense entre os 67 concellos da provincia tendo en conta criterios como
• O conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou que o seu departamento destina para o
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou as instalacións da empresa
• En 2023 desenvolveranse catro rutas gastronómicas dende Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia con meta en