O venres 21 de setembro tivo lugar o obradoiro “Emprégate”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Oficina Municipal de Xuventude. Esta obradoiro está integrado no programa “Activa”, que pretende facer chegar á mocidade, a través dun obradoiro práctico e dinámico, tanto información sobre os recursos dispoñibles dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado como formación que lles poda axudar de cara ao futuro. O obradoiro ofreceu información sobre aspectos vinculados á busca de emprego, como a autoavaliación do candidato segundo a análise DAFO; o mercado laboral xuvenil e os seus posibles nichos de emprego; as ferramentas para atopar emprego; información sobre o programa “Emprende” da Dirección Xeral de Xuventude; a importancia do curriculum vitae; e o uso da carta de presentación.
As Escolas Deportivas de Quiroga comezan o 1 de outubro
Ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscripción nas Escolas Deportivas Municipais de Quiroga, que este ano ofrecen as especialidades de fútbol sala, baloncesto, tenis, bádminton e aerobic para rapaces e rapazas de 5 a 15 anos. Según os responsables municipais, este curso esperan manter a “boa acollida” dos anos anteriores, onde se superaron as 100 inscripcións. Con esta programación, dende o Concello de Quiroga pretenden “manter o alto nivel de participación e facer que a xente disfrute coa prática do deporte”.