Habilitou unha partida de 3.000 euros para axudas dos libros de texto do alumnado de Preescolar do municipio, “os máis abandonados pola Xunta de Galicia”
O Concello de Ribas do Sil está a ver os primeiros resultados da aplicación do plan de austeridade aprobado pola corporación local antes do verán. Medidas como a supresión dos fogos artificiais nas festas patronais, o apagado selectivo do alumeado exterior, e a redución do importe das dedicacións parciais de dous concelleiros, unido á supresión da paga extra en solidaridade cos funcionarios supoñen un aforro estimado de case 30.000 euros, según explicou o teniente de Alcalde Roberto Castro. Así, a supresión dos fogos artificiais nas festas de agosto supuxo un aforro de 9.000 euros, aos que se suman os 13.000 euros de aforro estimado no consumo eléctrico polo apagado do alumeado público a partir das doce da noite, que ademais teñen comprobado que “chega de sobra e non está dando problemas de ningún tipo”, suliña Castro. Por outra banda, tamén houbo un aforro de 7.000 euros no que á corporación municipal se refire, xa que os dous concelleiros con dedicación parcial recurtaron nun 15% a retribución que lles correspondía por esta función, e se suprimiu a paga extra correspondente.
“Unha beirarrúa deteriorada pode esperar polo arreglo, pero os maiores e os nenos requiren urxente adicación” é o compromiso que dende o Concello de Ribas de Sil están a desenvolver ao aplicar o aforro xerado a garantizar os servizos sociais básicos, en especial a axuda a domicilio, “para o que hai dous anos recibimos da Xunta 20.000 euros, o ano pasado 3.000 e este ano cero euros”. Asimesmo, Castro explicou que o Concello habilitou unha partida de 3.000 euros para axudas aos gastos dos libros de texto dos nenos de entre 3 e 5 anos, “os abandonados pola Xunta de Galicia, xa que sempre estiveron fóra das subvencións e axudas”, e que abranguerá aos 20 nenos e nenas do municipio. O aforro tamén permitirá manter ao formador xuvenil e educador familiar, “fundamentais na asistencia social municipal”, explica Castro, “e que xa estaban contratados, co que o recorte inesperado da Xunta non só vai contra o emprego, senón tamén contra a xestión municipal, xa que desfai todas as previsións”.