O Parador de Monforte promocionará os produtos cabeceira de marca de Galicia

En virtude dun convenio entre Paradores de España e Turismo de Galicia, os once paradores da nosa Comunidade promocionarán durante un ano os Galicia Top Ten -os dez Lugares Únicos de Galicia-, os eventos de turismo cultural, e a gastronomía galega. Os responsables desta iniciativa explicaron que a promoción gastronómica desenvolverase “grazas a unha oferta de mercado que preserve, difunda e potencie a gastronomía local baseada en produtos típicos rexionais, unha baza fundamental á hora de potenciar o turismo”. Asimesmo, o convenio recolle o compromiso de Paradores para difundir a través das súas canles habituais a proposta de turismo cultural, actos e eventos conmemorativos organizados pola Secretaría Xeral para o Turismo, como oferta complementaria ao aloxamento nos seus establecementos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aposta provincial polo enoturismo en Monforte

Seguinte Nova

“Normalidade” na apertura do curso escolar e polémica institucional sobre os centros da Montaña lucense

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: