Os xubilados de Renfe recibiron unha homenaxe en Monforte

A conselleira de Traballo e Benestar asistiu á ceremonia organizada por AMAFER

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, posa cos xubilados ferroviarios en Monforte, no acto de homenaxe a este colectivo, organizado pola Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER). GPT.

A Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), dentro da súa programación de actividades, organizou en Monforte un acto de homenaxe ao colectivo de ferroviarios de Galicia. A celebración contou coa presencia da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que gabou o labor que ao longo dos anos veñen desenvolvendo os profesionais ferroviarios de Galicia que, segundo indicou, contribuíron a construír “a Galicia moderna” de hoxe en día.

“FERROCARRIL, CERNE DA GALICIA MODERNA”

Mato lembrou que a historia moderna de Monforte está ligada á chegada do tren, xa que sinalou que esta liña férrea conectou por primeira vez a Comunidade autónoma coa meseta e se erixiu “na columna vertebral do progreso de Galicia”. Neste senso, resaltou que estas persoas fixeron posible que “as liñas férreas se converteran no cerne da Galicia moderna”. Por último, a conselleira agradeceu a contribución deste colectivo “ao desenvolvemento galego” recoñecendo, desta forma, a súa experiencia e exemplaridade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xunta e concellos traballarán xuntos na loita contra a violencia de xénero

Seguinte Nova

Novas Xeracións, de precampaña en Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: