Potencian o golf como recurso turístico e produto específico da nosa comunidade

Pantón acolleu a entrega de premios do II Circuito de Golf Senior Turismo de Galicia

A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, entrega un dos premios do II Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia, en compañía dos responsables do Hotel Balneario Augasantas de Pantón. GPCC.

O Hotel Balneario OCA Augasantas foi o escenario da entrega de premios do II Circuíto de Golf Senior organizado por Turismo de Galicia, e que contou coa participación de 366 xogadores ao longo de seis probas clasificatorias celebradas en Madrid, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Navarra. A fase final foi disputada no complexo de Augasantas, onde participaron catro finalistas por cada unha das probas clasificatorias, e os gañadores recibirons os seus galardóns de mans da secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, acompañada polo alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, o director do Hotel Balneario Augas Santas, Lalo Crespo, e mais o director de Golf de Augas Santas, Rafael Sáenz-Díez.

ENTIDADES COLABORADORAS

A segunda edición do Circuíto de Golf Senior, organizado por Turismo de Galicia, contou coa colaboración da Asociación Galicia Destino Golf, a delegación en Galicia da Asociación de Golf Senior e Damas, os campos de golf Club Jarama RACE, Club de Golf de Zuasti, Club de Golf La Barganiza, Campo de Golf de Salamanca, Real Sociedad de Golf de Neguri e Golf Santa Marina, que acolleron as probas clasificatorias. Asimesmo, o Complexo Augas Santas Golf & Spa de Pantón aportou as súas instalacións para a celebración desta fase final.

POSTA EN VALOR DO TURISMO DE GOLF

Na súa intervención, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, destacou que Turismo de Galicia organiza este evento co obxectivo de “poñer en valor da oferta de turismo de golf en Galicia”. A responsable autonómica explicou que dentro do Plan de Acción de Turismo de Golf de Galicia 2010-2013, unha das súas actuacións pretende “o desenvolvemento dun produto específico para o xogador senior, que constitúe un dos piares do proxecto”.

TERMALISMO, ENOGASTRONOMÍA E CAMPOS DE GOLF PARA CAPTAR AO PÚBLICO SENIOR

Pardo explicou que o Proxecto Senior, dentro do devandito plan, busca a “creación dun produto destinado ao xogador de golf senior, concibido mediante a combinación de tres atributos específicos integrados nas fortalezas da oferta turística de Galicia: termalismo, enogastronomía e campos de golf. Os obxectivos deste produto son, según explicou Pardo, “posicionar Galicia como destino ideal para o xogador de golf senior, atraer aos xogadores nacionais senior para que visiten Galicia ofrecéndolles unha alternativa turística diferenciada e altamente valorada, e facilitar a presentación da oferta de campos e de servizos turísticos mediante un produto estratexicamente diferenciado. Asimesmo, Pardo destacou que “o colectivo senior establécese como o target de cliente preferencial na oferta de golf de Galicia, polo que este produto debe cobrar máxima relevancia na súa difusión”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A carpa informativa de Xuventude visitou Sober

Seguinte Nova

140.000 euros para favorecer a afiliación á Seguridade Social de titulares e cotitulares de explotacións agrarias para persoas de ata 50 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss