Sarria aposta polo moble antigo no deseño de interiores

O Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración organiza un curso en outubro

Sarria aproveita a súa bagaxe tradicional no sector do moble antigo para mirar ao futuro. Dende o Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración do Eixo Interior, con sede nas dependencias do antigo Cárcere, estase a organizar un curso sobre a integración do moble antigo no deseño actual de interiores, que se desenvolverá durante 88 horas lectivas na Casa da Cultura de Sarria. O curso, impartido por María Beltrán Fernández, iniciarase o 1 de outubro e terá lugar en horario de mañá, de 10 a 14 horas, de luns a venres, ata rematar o 31 do mesmo mes.

A acción formativa que está a desenvolver o Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración actualiza e redefine a tradición anticuaria de Sarria. Arquivo EC.

MATRÍCULA GRATUÍTA

A matrícula deste curso gratuíto pode formalizarse ata o 25 de setembro a través da web do Concello de Sarria (www.sarria.es), a través do correo electrónico crar@eixointerior.es, ou chamando aos teléfonos 982 530 668 e 629 084 494 de 9 a 13 horas de luns a venres.

OBXECTIVOS DO CURSO

O alumnado do curso analizará os diferentes estilos e tendencias no campo da decoración de interiores. Asimesmo, coñecerá a evolución do moble antigo ata os nosos días, así como a influencia que sobre este exerceron a arquitectura e a arte en cada época. Tamén reflexionará sobre a constante reinvención do mobiliario para adaptarse ás cambiantes necesidades actuais. Os participantes no curso aprenderán a organizar espazos para que resulten máis estéticos e agradables para os posibles clientes. O obxectivo final do curso é asimilar os aspectos necesarios para crear espazos integrando o moble antigo no deseño actual, combinando materiais modernos e harmonizando estilos.

NOCIÓNS DE DEBUXO TÉCNICO ARTÍSTICO E DO USO DA COR

Na formación teórica, os participantes serán formados nos conceptos básicos de debuxo técnico artístico, a teoría da cor, e o deseño de mobiliario, entre outros aspectos.

VISITA A TENDAS DE ANTIGÜIDADES

O curso inclúe sesións práticas con visita a tendas de antigüidades, co fin de seleccionar pezas que se integrarán en espazos deseñados polo propio alumno.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A OMIX de Chantada lembra as vantaxes do uso do Carné Xove

Seguinte Nova

Aumenta a porcentaxe de empresas galegas que empregan software libre

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: