Traballo investiu preto de 12.000 euros en cursos de formación para autónomos lucenses

A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, entregou os diplomas á trintena de autónomos lucenses que se beneficiaron de dous cursos de formación desenvolvidos pola Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia). Para levar a cabo esta iniciativa, dita asociación contou cunha axuda da Consellería de Traballo e Benestar, que investiu máis de 12.000 euros nos dous cursos de automecánica e reciclaxe de Office avanzado.

Según explicaron os organizadores, esta formación vai dirixida a traballadores autónomos, e ten como obxectivo mellorar a súa formación a nivel profesional. Os responsables da Consellería de Traballo suliñaron a “importancia” que para o Goberno galego ten a formación no eido laboral, e destacaron que a Xunta promove tamén cursos de formación acreditable dirixidos a persoas desempregadas. Esta modalidade formativa permite aos alumnos dispoñer dun certificado con carácter oficial e validez estatal, que, ao mesmo tempo, ten efectos académicos no eido do sistema educativo e profesionais. Dende a Consellería, indicaron que se incrementará a formación acreditable, dirixida á obtención de certificados de profesionalidade, mediante unha orde de axudas acordada cos axentes sociais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Adxudicadas as obras de reparación do firme de 7,6 kms do corredor Monforte-Escairón

Seguinte Nova

Xunta e concellos traballarán xuntos na loita contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: