Unións Agrarias denuncia graves danos en cultivos, prados e viñedos no sur de Lugo

Dende este colectivo piden “maior coordinación” entre a Consellería de Medio Ambiente e os Tecores

O sindicato Unións Agrarias anunciou que están a recibir numerosos avisos de danos provocados pola acción do xabarín en prados, cultivos e viñedos na comarca de Chantada e Lemos. Según apuntaron os responsables do sindicato agrario, as zonas afectadas sitúanse nas parroquias de San Vicente, Toiriz e Tribás do concello de Pantón, en Vilasante, Licín, Fión en O Saviñao, Pradeda, Milleirós, Furcos, e San Mamede, Chouzán e Santa Cristina no concello de Carballedo, e nas parroquias de Pereira, Camporamiro e Santa Eugenia en Chantada. Os afectados manifestaron as dificultades para facer fronte a estes ataques, xa que as manadas de xabaríns actúan pola noite, e isto dificulta a posibilidade de protexer debidamente os cultivos.

BATIDAS “INMEDIATAS” PARA EVITAR MÁIS DANOS

Unións Agrarias solicita “a máxima implicación” da Consellería de Medio Ambiente e dos Tecores das zonas afectadas, “para que se organicen as batidas precisas de xeito inmediato, enfocándoas á prevención de danos, especialmente nas zonas de cultivo de millo”, indicaron. Os responsables do sindicato agrario argumentan que a tempada ordinaria de caza do xabarín xa está aberta dende 18 de agosto e ata mediados de febreiro, “polo que non se entendería que houbera retrasos para a posta en marcha das batidas, mentres se rexistran danos cuantiosos nas colleitas que precisan esperar para ser recollidas”.

COORDINACIÓN COS TECORES E CUMPRIMENTO DOS CUPOS CON CRITERIOS TÉCNICOS

Unións Agrarias dirixiu á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo as súas demandas para que o organismo autonómico coordine cos TECOR da comarca “o inicio ou intensificación das batidas” que permitan alonxar ás manadas de xabaríns das principais zonas de cultivo, e “iniciar o cumprimento dos cupos de caza” de xeito que exista “unha prevención activa dos danos e un control efectivo” das poboacións de xabaríns, “que deben de xestionarse con criterios científicos e técnicos para garantir a compatibilidade das mesmas co desenvolvemento da actividade agraria”.

PRODUCIR ALIMENTO PARA O GANDO DENTRO DA EXPLOTACIÓN ANTE A SUBA DO CEREAL E PENSOS

Os responsables de Unións Agrarias explican a importancia de manter estes cultivos dada “a especial situación de crise que están a vivir as explotacións de leite e carne”, con subas dos custes de cereais e pensos superiores ao 20% dende xaneiro, e a imposibilidade de repercutilos nos prezos en orixe de leite e carne, “o que fai imprescindible para a supervivencia das explotacións, a produción de alimento para o gando dentro da base territorial das explotacións”. Suliñaron que o millo este ano ven retrasado e se recollerá fundamentalmente no mes de outubro, “o que aumenta a exposición das colleitas aos ataques do xabarín, unha vez que as espigas acadan a madurez”. Por todo elo é indispensable que os TECOR dos concellos afectados, incrementen o esforzo de caza durante todo o mes de setembro e principios de outubro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Curso de prevención de riscos laborais no eido vitivinícola en Sober

Seguinte Nova

Comezou na Casa da Cultura de Monforte o curso de formación teatral impartido polo actor Pepe Penabade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: