Recentemente, e con ocasión do comezo do curso escolar, os responsables da OMIX lembraron á mocidade da vila as vantaxes que supón contar co Carné Xove, por exemplo no referente ás xestións para acadar o permiso de conducción. Dende a OMIX informaron de que os interesados en conseguir o carné de conducir poden beneficiarse de importantes descontos coa presentación do Carné Xove, e que no caso das autoescolas chantadinas Faro e Chantada, este desconto é do 100% do importe da matrícula. Os interesados en recibir máis información e solicitar o Carné Xove, destinado á mocidade ata 30 anos, poden achegarse á Oficina de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura de Chantada.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa
• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura