A polos 20.000 habitantes

•Esta iniciativa do Concello de Monforte, patrocinada polo Eixo Atlántico e por empresas locais, busca sensibilizar sobre a importancia de empadroarse á poboación que reside na vila e aínda non está censada

Varias lonas da campaña foron desplegadas en puntos neurálxicos do casco urbán de Monforte. EC.

19.750 habitantes son os que figuran rexistrados a día de hoxe na vila do Cabe según as cifras que manexa o Concello de Monforte, algo máis dos 19.622 habitantes contabilizados no derradeiro censo aprobado polo Instituto Nacional de Estatística con data de 1 de xaneiro de 2011. Acadar a cifra dos 20.000 habitantes é o desafío que o Goberno local plantea baixo os lemas “Cénsate, contigo en Monforte somos máis”, e “Ser máis para ser máis fortes”, co dobre obxectivo de axustar os servizos municipais á realidade da poboación, e cumprir os requisitos poboacionais para acceder a máis ingresos e, polo tanto, poder prestar mellores servizos. Unha suba no número de habitantes censados ata sobrepasar a barreira dos 20.000 suporía para o municipio uns ingresos de entre 350.000 e 400.000 euros ao ano.

SENSIBILIZACIÓN DOS CIDADÁNS RESIDENTES
Esta campaña está baseada no feito de que hai máis residentes en Monforte dos que figuran no censo, e sensibilizar a estes habitantes sobre a importancia de empadroarse no municipio é o eixo sobre o que xiran os diversos elementos que integran esta iniciativa. Ademais das lonas que poden visualizarse en Roberto Baamonde, San Pedro e á entrada do aparcadoiro do Parque dos Condes dende comezos de mes, o esforzo informativo do Goberno local para que a poboación coñeza a importancia de estar censado na vila na que reside canalízase tamén en dípticos e chapas que explican como empadroarse, así como en publicidade nos medios de comunicación con participación de persoeiros monfortinos e colectivos sociais.

SESIÓNS INFORMATIVAS EN CENTROS DE TRABALLO E PARROQUIAS
As accións van máis alá, xa que están deseñadas reunións informativas de responsables municipais nas parroquias do Concello, mesas informativas distribuidas por toda a cidade, campañas en centros de ensino e empresas en favor do empadroamento dos seus traballadores, así como un traballo específico co colectivo de inmigrantes. Isto complétase cun traballo porta por porta para revisar datos de empadroamento que poidan ser incorrectos, e axuden a coñecer o motivo de baixa no padrón.

PATROCINADORES PÚBLICOS E PRIVADOS SEN CUSTE MUNICIPAL

O custe da campaña, que os responsables municipais cuantificaron en torno aos 12.000 euros, non supón gasto algún para o Concello, xa que está asumido polo Eixo Atlántico e por un grupo de empresas afincadas na vila do Cabe e que figuran mencionadas como patrocinadores en todo o material que integra a campaña.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Para chamar ós bombeiros en Monforte, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e A Pobra do Brollón, está xa dispoñible o número de teléfono gratuito 112

Seguinte Nova

Concellos e ente provincial coordínanse para unha maior eficacia nas reparacións de emerxencia

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: