O último domingo de setembro, os colectivos Crearte, Rebuldeira Teatro, Sarricanta e Ergueitos uniron forzas para participar na V Limpeza Simultánea de Ríos, organizada a nivel comunitario por ADEGA. Os membros desta catro asociacións, apoiados por simpatizantes e voluntarios, procederon á retirada de residuos no treito do río Sarria que vai do Malecón ata A Pontevella. Os participantes estiveron asistidos por un seguro de accidentes, e recibiron unha camiseta de agasallo. Segundo explicaron os responsables desta iniciativa, as sesións de limpeza de ríos e recollida de residuos son de capital importancia para a sensibilización da cidadanía fronte á crecente degradación do medio ambiente, tanto polo impacto ecolóxico como visual da presencia de residuos nos nosos ríos.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece