Chantada forma a emprendedores dende a escola

A Antena Local da Cámara de Comercio desenvolveu xornadas formativas en institutos de Chantada, Monforte e Monterroso
A Cámara de Comercio de Lugo, a través da Antena Local de Chantada, organizou unha serie de xornadas divulgativas dentro do programa “Fomento do Espíritu Emprendedor dende a escola”. Estas xornadas tiveron como punto de arranque as sesións impartidas no instituto chantadino Val do Asma a finais de setembro, e continuaron na primeira metade de outubro nos IES A Pinguela e Daviña Rey, de Monforte, e no IES de Monterroso.
Estas xornadas estiveron dirixidas ao alumnado de ensino secundario, bacharelato de todas as ramas e formación profesional, co obxectivo de fomentar entre a xuventude a cultura emprendedora e sensibilizar a este sector poboacional cara á creación de empresas para crear emprego, de xeito que esta sensibilización os predispoña favorablemente para acceder nas mellores condicións ao mercado laboral unha vez rematen os seus estudos.
Dende a Cámara de Comercio impulsaron este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación trala constatación de que a formación e información sobre o proceso de creación de empresas é moi reducido na maioría dos docentes dos ciclos formativo. Asimesmo, tamén se trata de corrixir a tendencia a considerar como única expectativa laboral o traballo por conta allea, e impulsar o perfil emprendedor do alumnado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os apartamentos turísticos galegos melloraron a súa ocupación en agosto un 28,8% con respecto ao ano pasado

Seguinte Nova

Sober aposta pola reciclaxe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: