Comezan en Monforte os talleres gratuítos para a búsqueda de emprego

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Monforte, desenvolverase de outubro a xaneiro en horario de tarde
O Concello de Monforte pon en marcha dende o 17 de outubro e ata xaneiro de 2013 unha serie de talleres gratuítos orientados a mellorar a preparación das persoas desempregadas para acadar un posto de traballo.

COLECTIVOS MÁIS DESFAVORECIDOS
Según informaron os responsables municipais, estes talleres van dirixidos ao público en xeral, con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos no acceso ao emprego, como inmigrantes e mulleres.

COMO PREPARAR UN CURRICULO E UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

O programa de talleres inclúe dúas sesións formativas cada mes, en horario de 17,30 a 20 horas. Os días 17 e 24 de outubro as sesións versarán sobre como preparar un curriculum vitae e a concreción do obxectivo laboral. En novembro, os talleres celebraranse os días 14 e 28, e tratarán das habilidades comunicativas á hora de afrontar unha entrevista de traballo.

REDES SOCIAIS E INTERNET NA BÚSQUEDA DE EMPREGO
No mes de decembro, as sesións formativas desenvolveranse os días 12 e 19, e prepararán aos asistentes sobre como utilizar as novas tecnoloxías (redes sociais e Internet) na procura dun emprego. Por último, en xaneiro os talleres serán os días 16 e 30, e tratarán sobre o traballo autónomo e a búsqueda de emprego no extranxeiro.

PREVIA INSCRIPCIÓN
Os interesados en participar nestes talleres deberán inscribirse previamente no despacho da Orientadora Laboral, instalado nas Casiñas da Compañía, ou por vía telefónica chamando ao 982 884775. Tamén poden inscribirse cunha comunicación ao correo electrónico orientación@concellodemonforte.com.

DIFUSIÓN CONXUNTA ENTRE SERVIZOS SOCIAIS E CIM
Esta iniciativa conta coa colaboración das traballadoras do departamento de Servizos Sociais e do CIM, en canto á difusión dos talleres entre os usuarios dos seus departamentos respectivos.

A NOVA ORIENTADORA LABORAL DESENVOLVERÁ ESTAS ACCIÓNS FORMATIVAS
Esta inciativa da concellería de Promoción Económca do Concello de Monforte conta co patrocinio do Fondo Social Europeo da Unión Europea e da Xunta de Galicia. Dende o Concello explicaron que a recente contratación dunha Orientadora Laboral suporía, ademáis do desenvolvemento das tarefas específicas deste posto de traballo en relación ao Servizo Público de Emprego de Galicia, diversas sesións formativas de curta duración destinadas a facilitar aos desempregados as ferramentas básicas para desenvolverse na búsqueda de emprego.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Asociacións de Sarria uníronse para a limpeza dos ríos

Seguinte Nova

As rúas de Monforte, aulas de Historia da Arte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: