O novo protocolo elaborado polos técnicos de Vías e Obras sinala unha serie de normas procedimentais para que os concellos poidan reparar problemas puntuais en menos tempo e con menos custe
Minimización dos riscos para os usuarios das vías provinciais e redución dos tempos de actuación en caso de reparacións de emerxencia na estrada son os obxectivos que persigue o novo protocolo que regula os arreglos municipais na rede viaria provincial. Este protocolo, elaborado por técnicos da Área de Vías e Obras da Deputación de Lugo, fai referencia ao procedemento que os responsables municipais deberán seguir no caso de verse na obriga de dar resposta inmediata a problemas puntuais nas estradas provinciais. A importancia deste protocolo radica, según explican dende o organismo provincial, na dificultade que supón solucionar incidencias no menor tempo posible nunha rede viaria de preto de 4.200 quilómetros, o que a converte na máis extensa de España, e ao feito de que o proceso de transferencias á Xunta de Galicia permanece bloqueado por esta.
Asimesmo, este protocolo pretende optimizar os recursos tanto dos Concellos como da Deputación, para evitar duplicidades no emprego dos medios dispoñibles.
NORMAS HOMOXÉNEAS PARA INTERVIR CON RAPIDEZ
Según explicaron os responsables provinciais, este protocolo de actuación só é de aplicación nos casos de reparacións de emerxencia, posto que o resto das actuacións requirirán autorización expresa da Deputación de Lugo, según o artigo 29 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Carreteras de Galicia. Según o novo protocolo para reparacións urxentes, os Concellos deberán realizar unha comunicación previa ao inicio dos traballos ao número de fax habilitado pola Área de Vías e Obras da Deputación de Lugo, que estará operativo as 24 horas do día.
As disposicións técnicas fixadas neste protocolo ofrecen aos Concellos unha pauta fixa a seguir no caso de reparacións urxentes, en aspectos como o modo de realizar os cortes na calzadas, as particularidades das zanxas e o tipo de tuberías que se deberán instalar. Estas especificacións pretenden garantir unha máis fácil e rápida intervención no caso de que a avaría se volva repetir no mesmo punto, e co menor impacto posible sobre o tráfico e a seguridade vial.
Pola súa complexidade, o protocolo fai especial fincapé no detalle das reparacións que deban realizarse en cruces de vías e bordes da calzada. Estas especificacións abranguen dende a comunicación previa dos traballos ao servizo de Vías e Obras provincial, a sinalización de obra, os cortes no pavimento, a apertura de zanxas, e a colocación de tubos, ata a reparación en si, o recheo da zanxa e a reposición do pavimento.
ROZA E DESBROCE DE DE 1.200 QUILÓMETROS S NO SUR DE LUGO
Por outra banda, e dentro das actuacións desenvolvidas pola Deputación para atender o mantemento e mellora da rede de estradas da súa competencia, completouse recentemente o plan de roza e desbroce destes viais. No sur de Lugo, preto de 1.200 quilómetros foron obxecto destas actuacións, que supuxeron só nesta zona un orzamento de máis de 173.000 euros, e cuxos traballos foron encargados a sete pequenas e medianas empresas e autónomos lucenses. A totalidade dos concellos de Lemos e Chantada, así como Portomarín, Paradela, Sarria, Láncara, O Páramo, Samos e O Incio na comarca sarriana beneficiáronse desta mellora.
O obxectivo destas actuacións, según explicou o deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, é “mellorar as comunicacións no rural e a seguridade vial, contribuindo así á prevención de incendios, algo fundamental tendo en conta os recortes realizados nesta materia pola Xunta de Galicia”. Asimesmo, Martínez defendeu que con estes traballos, as PEMES e autónomos da provincia teñen unha oportunidade de “paliar a crise do sector e manter os postos de traballo”.