Os socialistas critican que o Goberno local e a Xunta invistan 123.000 euros na depuradora “dun polígono industrial sen empresas”
O grupo socialista de Paradela criticou que o goberno municipal vaia investir máis de 123.000 euros nunha depuradora para dar servizo ao polígono industrial, “que hoxe en día non conta con ningunha empresa instalada, xa que as dúas empresas que existen no Gandarón non están oficialmente dentro do polígono”.
“MALA XESTIÓN DOS FONDOS PÚBLICOS”
Os responsables da formación socialista de Paradela critican “a mala xestión dos fondos públicos” por parte da Xunta e do Concello “xa que non é razoable investir eses cartos nas actuais condicións”. “En lugar de investir para dinamizar a economía e atraer empresas ao polígono para relanzar a zona, as cousas sempre se fan ao revés”, precisaron.
Según informaron os socialistas, o proxecto municipal contempla a instalación está deseñada para depurar uns 29.000 metros cúbicos ao ano, una cantidade que supón que o polígono estea a pleno funcionamento, “cousa que non ocorre nin se espera que ocorra, lamentablemente, en moito tempo”. “Supoñendo que se recollen os vertidos das dúas naves que hoxe existen pero non están dentro do polígono, con aproximadamente 15 empregados, o caudal será moi reducido”. Os socialistas presentaron un escrito no Concello propoñendo que “cos sistemas de humidais poderíase construír unha instalación reducida, gastando só entre 10.000 e 20.000 euros e dentro duns anos proceder a ampliación, se é o caso”.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Os días 30 de setembro e 1 de outubro, Chantada acollerá as xornadas Tecendo Futuros: prácticas
Aumentando en 164.846 m2 a súa superficie actual, logo da cesión gratuíta das parcelas propiedade da
Á edición deste ano presentáronse case medio cento de ideas. A maior parte delas son iniciativas
O pasado 9 de agosto clausurouse unha exitosa edición da Mostra Artelemos 2023, que contou coa
O número 1 da candidatura do PP de Lugo ao Congreso, Francisco Conde, asegurou nunha reunión