ELECCIÓNS 21-O:A provincia de Lugo escolle aos seus representantes no Parlamento de Galicia

PARTIDO POPULAR (PP): RAQUEL ARIAS

• Nacida en Sober en 1966. É licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Alcaldesa do seu concello durante unha década, foi deputada nacional, autonómica e provincial antes de asumir a responsabilidade de poñer en marcha a Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Fortemente apegada á Ribeira Sacra, mantén a súa residencia na parroquia soberina de Proendos, onde vive co seu marido e os seus dous fillos. Coñece de primeira man a situación da zona sur, e está vencellada por lazos familiares co mundo da viticultura e da gandería.

PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE): CONCEPCIÓN BURGO

• Doutora pola Universidade de Santiago e Profesora Titular na Facultade de Humanidades lucense, foi a primeira muller decana do Campus lugués.
Na súa etapa como primeira tenente de alcalde do Concello de Lugo puxo en marcha diferentes iniciativas culturais e turísticas con gran repercusión e con continuidade no tempo. Persoa próxima a López Orozco, Presidente do partido, así como a José Ramón Gómez Besteiro, co que compartiu equipo de Goberno. Ten 54 anos e é deputada no Parlamento galego.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG): COSME POMBO

• Nado no Incio en 1956. Vive en Lugo e traballa como Mestre de Primaria no CEIP Anexa desta cidade. Foi concelleiro e portavoz municipal do BNG no Concello do Incio de 1995 a 2007 e deputado provincial na Deputación de Lugo de 1995 a 2003. Delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo en Lugo de marzo de 2008 ata abril de 2009. Foi candidato do BNG ao Senado nas Xerais do 2011.
Vinculado ao mundo asociativo e cultural, é membro fundador da asociación cultural A Ouriceira e do grupo de gaitas Xarín, do Incio.

COMPROMISO POR GALICIA (CxG): IVÁN MARRUBE

• Naceu en Alfoz en 1980, e reside neste concello.Master en Administración e Dirección de Empresas, e vinculado profesionalmente sempre ao sector privado, traballa na dirección dunha empresa de transporte e loxística. Vinculado fortemente ao tecido asociativo e ao mundo do deporte. Candidato á alcaldía de Alfoz nas eleccións de 2007 e 2011, onde é concelleiro independiente. Promotor da 1ª unificación de concellos de Galicia nos últimos anos (fusión de Alfoz e Valadouro), paralizada pola Xunta de Galicia por motivos políticos.

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (AGE): RAMÓN VÁZQUEZ

• Nado en Lugo en 1973. Diplomado en Maxisterio na Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo. Licenciado en Psicopedagoxía pola Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela. Mestre da escola pública dende 2003, e Orientador de Primaria dende 2007. Representante sindical do profesorado dende 2009, e responsable do Sindicato do Ensino de CCOO en Lugo. Membro do Consello Comarcal de Esquerda Unida en Lugo. Candidato de Alternativa Galega de Esquerda por Lugo ás Eleccións Autonómicas 2012.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

80 asociacións do sur de Lugo reciben máis de 550.000 euros para a mellora do rural

Seguinte Nova

RAQUEL ARIAS RODRÍGUEZ, número 1 do Partido Popular pola provincia de Lugo:“A nosa teima para a próxima lexislatura serán os emprendedores”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: