• Encabeza a lista de Compromiso por Galicia pola provincia de Lugo. Fáganos unha diagnose, aínda que breve, da saúde socioeconómica desta provincia.
Lugo é unha provincia con potencial, pero que na actualidade está totalmente abandoada debido as contínuas políticas que se realizaron sin ter en conta a realidade propia e de espaldas á provincia. É unha provincia que en datos económicos é excesivamente dependente de Alcoa, cando temos uns sectores productivos moi importantes e con moita potencialidade, tanto para xerar postos de traballo como para crear riqueza: lácteo, agrogandeiro, pesqueiro e vinícola, que xeran miles de postos de traballo e gran riqueza, mais son sectores que nunca tiveron un apoio real dende as institucións, son sectores que ó longo do tempo foron expoliados coa complicidade dos dirixentes de turno que os usaron a niveis europeos como intercambio de cromos. É fundamental centrarnos nos nosos sectores productivos como fonte de creación de emprego e saída da crise.
Nesta situación que describe, hai que falar dos sectores produtivos nun contexto de crise económica. Dende o sector agrogandeiro, están a reclamar á Administración unha resposta á crise que atravesan. Qué lle propón Compromiso por Galicia?
É un sector que está exposto a unha gran expeculación debido á falta dunha lexislación axeitada, xera centos de postos de traballo e aporta unha gran riqueza ó país, podemos velo co precio do leite, que está realmente nun cifra ruinosa, unha media de 0,27 céntimos por litro, que están levando á maior parte do sector á quebra.Nós imos garantizar un precio mínimo que cubra os custos de producción, e facer inversións productivas con préstamos a interés cero para encamiñar ó sector tamén á transformación final do producto de maneira que se xeren máis valor engadido e máis postos de traballo na provincia. Trátase de crer nas posiblidades do sector, defendelo e apostar de verdade polas súas posibilidades. Sectores que son estructurais para unha economía e para o benestar dunha sociedade deben ter un grado de intervención que garanta a súa estabilidade e supervivencia.
Poden os emprendedores confiar en que Lugo é unha terra de oportunidades? Canto pesan os emprendedores na proposta de Compromiso por Galicia?
Con Compromiso por Galicia xogando un papel determinante no Parlamento galego os emprendedores serán protagonistas, xa que é fundamental un respaldo real con financiación e medidas complementarias de apoio para que así se cree tecido productivo e se xere riqueza, as persoas con iniciativa para emprender e crear postos de traballo terán un respaldo claro e incondicional, ademáis o estado de benestar comeza a construirse pola creación de postos de traballo. Nós faremos unha aposta inequívoca pola economía real e productiva en lugar de defender a economía expeculativa como fai o actual goberno.
Servizos sociais e educación centraron polémicas sociais e políticas no último ano. Compromiso por Galicia terá unha mensaxe que darlles aos nosos maiores en canto á atención sociosanitaria, e aos pais e nais do alumnado dos centros públicos, en canto a garantías de calidade e atención educativas.
Para nós a defensa do estado de benestar, que engloba sanidade, educación, pensións, dependencia, benestar, serán uns castelos inexpugnables, non se pode enganar os nosos maiores coas pensións como fai o PP. Débense garantir tanto as pensións como o resto de servizos sociais, pase o que pase e sen sufrir recortes nin condicións, hai recursos suficientes para garantilos, tan só é decisión política facelo, tamén lles garantizaremos unha total estabilidade laboral e económica ós funcionarios e persoal laboral. Ademais temos unha concepción da dependencia como fonte de creación de emprego como ocorre noutros países europeos, e que axudaría de forma contundente a entrar nunha dinámica de creación de emprego positiva. Consideramos a educación a mellor inversión para garantir o futuro dun país, anque hai opcións políticas como o PP que parece lles gustaría que só puideran acceder á educación uns poucos privilexiados. Aplicaremos algo tan sinxelo como axudarlle máis a quen máis o necesita e esixirlle máis a quen máis ten.
Son tempos complicados para todos, con cifras inauditas de paro e un crecente desalento na cidadanía, que reclama dos xestores públicos unha mensaxe clara. Díganos cal é a mensaxe de Compromiso por Galicia para os lucenses.
Os grandes partidos políticos viven de espaldas a xente, preocupándose soamente dos seus intereses persoais. Compromiso non é un partido convencional, é unha ferramenta da cidadanía para que a xente poida implicarse na xestión do interés público, temos un exemplo no meu caso, que son un cidadán de a pé, que sen estar afiliado a ningún partido, me presentei a unas primarias e se me deu a opción de encabezar a candidatura dunha opción política. A sociedade somos quen temos a forza de elexir os gobernos e non debemos tomar unha actitude pasiva ante a política, xa que a mellor coartada para un mal dirixente é a pasividade cidadá. Eu non son político, son un traballador, aínda quedamos xente con vocación de servizo público e vontade de mellorar as cousas. Nas mans da cidadanía está darnos a alternativa e depositar o seu voto en mans de persoas realmente comprometidas.