Monforte gaña un chanzo máis para integrarse na rede europea ferroviaria de mercadorías

A comisión executiva do Eixo Atlántico, formada por doce alcaldes portugueses e galegos, aprobou a proposta do Mapa de Infraestruturas que recoñece como nodo a Monforte

Monforte acolleu a reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, integrada por doce alcaldes portugueses e galegos, baixo a dirección do presidente do Eixo, José María Costa, o vicepresidente, Severino Rodríguez, e o secretario xeral, Xosé Vázquez Mao. EC.

• Recuperar o papel fundamental do ferrocarril para Monforte é o obxectivo que subxace a todo o proceso de xestións que, a través da acción conxunta exercida dende o Eixo Atlántico, está a desenvolver o rexedor monfortino, Severino Rodríguez. Nesta estratexia de traballo, o alcalde de Monforte está a contar co apoio dos sectores sociais e grupos políticos da cidade, e nos últimos meses concitou asimesmo o apoio dos gobernos portugués e español, e as xestións realizadas diante da Unión Europea evolucionan favorablemente. Espérase que na vindeira reunión do Consello Xeral da Unión Europea, que terá lugar en novembro, a Comisión Europea aprobe a proposta do Eixo Atlántico, e convirta a Monforte en nodo loxístico de mercadorías.

MONFORTE APROVEITA AS SINERXIAS DA EURORREXIÓN GALICIA- NORTE DE PORTUGAL
Concretar esta recuperación do ferrocarril como dinamizador económico da cidade pasa por integrar a Monforte na rede europea de mercadorías como un dos enlaces, xunto á vila portuguesa de Aveiro, dos portos atlánticos coa Meseta, o que traería consigo un desenvolvemento loxístico vinculado ao pulo do Porto Seco. Posto que a proxección destas infraestruturas ten un carácter global para o conxunto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, o alcalde de Monforte apostou pola xestión conxunta dende esta entidade, “un camiño lento pero seguro”, según explicou durante a reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico o 10 de outubro no Parador de Monforte. Nesta xuntanza, celebrada por vez primeira na vila do Cabe, Severino Rodríguez, en calidade de vicepresidente do Eixo Atlántico, afirmou que a elección da nosa cidade para este encontro “apoia a Monforte como cidade do transporte de mercadorías, e afianza o seu papel no Mapa de Infraestruturas”.

MONFORTE, CONEXIÓN ENTRE O MAR E A MESETA
Precisamente, este documento foi o asunto central da Comisión, que aprobou a proposta de actualización do mapa de infraestruturas viarias, portuarias e ferroviarias dentro do Eixo Atlántico. Este documento establece que os portos galegos conectarán, a través de Monforte, coa liña de mercadorías Aveiro-Salamanca-Valladolid, según explicou o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao. As características deste Mapa de Infraestruturas, que supoñen a modernización da liña férrea do Miño entre Porto e Vigo, e sitúan como saída das mercadorías por ferrocarril de Galicia a través de Monforte de Lemos, polo norte, e de Aveiro, polo sur, serán “un éxito”, como destacou en Monforte o presidente do Eixo Atlántico, José María Costa, “porque favorecerá a creación de emprego” debido a que a Estratexia Marítima que defende esta entidade “beneficiará aos concellos do interior”.

A ESTRATEXIA MARÍTIMA DO EIXO ATLÁNTICO BENEFICIARÁ TAMÉN AOS CONCELLOS DO INTERIOR
Esta Estratexia Marítima, que o Eixo Atlántico está a elaborar baixo a dirección do profesor Fernando Gónzalez Laxe, pretende integrar asimesmo aos responsables comunitarios, dado o carácter referencial que este documento terá na asignación de fondos comunitarios para a fachada marítima da Península Ibérica. Previo ó encontro de Monforte, a Directiva do Eixo Atlántico reuniuse en Bruxelas cos responsables europeos da Estratexia do Atlántico, para trasladarlles a necesidade de que este documento contemple o apoio ás infraestruturas loxísticas do interior, como o Porto Seco de Monforte, para garantir o impacto da economía marítima no eixo interior da Eurorrexión.

RESPONSABLES DA UNIÓN EUROPEA PARTICIPARÁN NA VINDEIRA REUNIÓN EN MONFORTE
Os membros da directiva do Eixo Atlántico manifestaron a súa satisfacción polos resultados das súas xestións en Bruxelas. Os responsables da Unión Europea confirmáronlles que a modernización da liña férrea do Miño é unha prioridade para os gobernos de España e Portugal, tras manifestar estes a súa intención de solicitar fondos na convocatoria extraordinaria de novembro, e destinar unha partida nos presupostos do Estado para iniciar os traballos.
Asimesmo, os responsables comunitarios aceptaron a invitación do Eixo Atlántico para acudir a principios de novembro a un cumio, que previsiblemente se celebrará en Monforte, sobre as liñas ferroviarias de pasaxeiros e mercadorías na Eurorrexión.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Concellos e ente provincial coordínanse para unha maior eficacia nas reparacións de emerxencia

Seguinte Nova

80 asociacións do sur de Lugo reciben máis de 550.000 euros para a mellora do rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss