A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Sarria (ACES) entregou os premios sorteados por este colectivo na IX Festa dos Maiores celebrada no municipio o 29 de setembro. Como en pasadas edicións, o colectivo de comerciantes e empresarios sarriáns colaborou con este evento sorteando cinco cheques de compra por valor de trinta euros cada un. Os beneficiarios deste sorteo poderán canxear os seus vales ata o 20 de outubro ao realizar as súas compras en calquera dos establecementos integrados en ACES. Esta iniciativa súmase ao traballo de dinamización do comercio local que dende o colectivo sarrián están a desenvolver ao longo de todo o ano.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa