Sarria acolleu unha xornada sobre montes veciñais en man común

• A Casa da Cultura de Sarria acolleu a comezos de outubro unha xornada técnica sobre a xestión dos montes veciñais en man común e as axudas das que se poden beneficiar para o seu mellor aproveitamento.

PROFESIONAIS VINCULADOS Á INVESTIGACIÓN E AO MUNDO DA EMPRESA FORESTAL
Esta xornada, organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Os Sete Castros, congregou a enxeñeiros agrónomos e forestais vinculados ao mundo da universidade e da empresa, que falaron sobre os diversos aspectos legais e administrativos que afectan á xestión dos montes veciñais en man común.
A xornada permitiu afondar na solución aos problemas legais e sociais que se presentan na xestión desta singular fórmula de propiedade do monte galego. Asimesmo, analizáronse as axudas ás que estas entidades poden acudir dentro do programa europeo Leader.
Sobre o aproveitamento forestal, os especialistas incidiron nas pautas para un aproveitamento sostible dos montes, e analizouse o caso prático do aproveitamento do monte veciñal en man común para biomasa no Incio, ponencia a cargo de Adalberto Álvarez, enxeñeiro agrónomo e conselleiro de Calfensa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Oficina de Información Xuvenil (OMIX) de Chantada continúa coa súa actividade divulgativa

Seguinte Nova

Críticas á depuradora para o polígono de Paradela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss