Apoio provincial ás actividades máis representativas de Monforte

A Vicepresidencia provincial firma co Concello un convenio para a celebración da Feira do Libro, o Festival de Habaneras e os paseos en barca polo Cabe, entre outras actividades

A Área de Cultura e Turismo da Vicepresidencia primeira da Deputación ven de firmar un convenio excepcional co Concello de Monforte por un importe de 27.000 euros, para a realización de actividades culturais de gran entidade no ano en curso. O delegado provincial de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, destacou que o obxectivo deste convenio é “colaborar co Concello de Monforte para sufragar actividades de gran tradición na vila”, como a XV Feira do Libro, que se celebra no mes de agosto, o XIII Festival de Habaneiras, un dos fitos musicais máis destacados do verán da comarca de Lemos, ou o IX Seminario de Música Moderna e Improvisación, unha cita indispensable coa actualidade da música da man dos mellores especialistas. Asimesmo, este convenio contribúe ao sostemento de actividades “que contribúen a dinamizar a vida cultural monfortina”, como a organización dos Xogos Tradicionais na Ribeira do río Cabe ou os paseos en barca.

CRÍTICAS Á XUNTA

Outeiro comparou “o apoio da Deputación de Lugo tecido cultural e aos concellos cunha liña de subvencións en 2012 de 600.000 euros” fronte á “ausencia de convocatoria de axudas para a realización de actividades culturais por parte da Xunta de Galiza”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa InLugo achega as novas tecnoloxías á vida cotiá

Seguinte Nova

Plan de Conservación de Estradas provinciais: Todo listo para o inverno

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

 
A %d blogueros les gusta esto: