Aposta pola renovación das infraestruturas urbanas en Pantón

Mellora do servizo de auga, eliminación da insalubridade derivada das fosas sépticas, e mellora da seguridade vial son os obxectivos que dende o Concello de Pantón están a procurar ao longo deste ano a través de diversas actuacións nas infraestruturas urbanas. Neste mes de outubro a Consellería de Medio Ambiente ven de licitar o conxunto de traballos correspondentes á segunda fase do saneamento de augas residuais dende a capitalidade ata Eiré, por un importe total de 335.074,29 euros, a executar nun prazo de seis meses.

UNHA OBRA “MOI IMPORTANTE” EN TRES FASES

Según explica o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, as obras da primeira fase deste colector, o tramo ata Ferreira, xa están completadas, e espérase completar a terceira fase o vindeiro ano. “Estas obras son de gran importancia para a poboación, porque supoñen unha maior calidade de vida ao eliminar as fosas sépticas, con todo o risco que conleva a súa presencia, e poder dispoñer destes servicios é positivo para todos”, suliña o rexedor local. As actuacións de mellora do saneamento no termo municipal de Pantón son unha das prioridades da xestión municipal deste ano. Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou o pasado mes de agosto as obras de saneamento da parroquia de Santa María de Toiriz, por un importe de máis de 470.000 euros. Asimesmo, dende o Concello de Pantón están a acometer arranxos na rede de suministro de auga dende Ferreira a Toldaos e Moreda, onde se estaban rexistrando roturas debidas ao deterioro das tuberías polo paso do tempo.

MELLORA DOS VIAIS URBANOS

O Concello de Pantón contempla a mellora da seguridade vial ao longo da rúa de Ourense, e dos seus accesos á Carballada e ao Campo da Feira. Ditas actuacións, que previsiblemente comezarán en decembro, son o resultado dun convenio entre o Concello de Pantón e a Consellería de Medio Ambiente, que aportará preto de 100.000 euros a través da Axencia Galega de Infraestruturas. O obxectivo é a mellora do firme para toda a calle de Ourense, e a rede de saneamento do Paseo da Deputación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito dos programas de dinamización en Pantón

Seguinte Nova

Monforte, cidade universitaria:Xornada de portas abertas na Aula da UNED

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: