Aprobado o anticipo parcial da PAC

Medio Rural aprobou tamén axudas por 7 millóns de euros para agricultores mozos, dos que un 45% están na provincia de Lugo

O pasado 18 de outubro a Consellería de Medio Rural autorizou o pago de 41 millóns de euros a máis de 29.000 agricultores galegos, en concepto de anticipo do 50% do pagamento único da Política Agrícola Comunitaria (PAC).

“MEDIDA EXCEPCIONAL” ANTE AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS

Según explican os responsables de Medio Rural, este pago, tramitado polo Fondo de Garantía Agraria (FOGGA), foi autorizado pola Comisión Europea mediante o Regulamento (UE) 776/2012, “como medida excepcional ante as condicións meteorolóxicas adversas que causaron graves danos nas colleitas e na produción forraxeira”. Asimesmo, dende a Consellería de Medio Rural anunciaron que no vindeiro mes de decembro realizarase o o resto do pagamento correspondente a este concepto.

LUGO, A PROVINCIA MÁIS BENEFICIADA POLAS AXUDAS AOS AGRICULTORES MOZOS

Por outra banda, a Xunta aprobou nestes mesmos días un montante de axudas de preto de 7 millóns de euros, destinados a favorecer a primeira instalación de agricultores mozos. Según as estimacións da Consellería de Medio Rural, estas axudas suporán a creación de 314 novos postos de traballo. Os responsables autonómicos explicaron que cada beneficiario desta liña de axudas recibirá aproximadamente 22.000 euros, e que a provincia de Lugo será a máis beneficiada dentro deste plan, ao concentrar ao 45% dos perceptores destas axudas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia achégase á tendencia europea en alumnado matriculado en Formación Profesional

Seguinte Nova

O programa InLugo achega as novas tecnoloxías á vida cotiá

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: