A Consellería do Medio Rural e do Mar aprobou este mes unha ampliación de 542.747 euros do crédito destinado ás axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola galego nos mercados de países terceiros. Os beneficiarios destas axudas, publicadas o pasado 25 de outubro no Diario Oficial de Galicia, son principalmente as adegas e os consellos reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. As axudas, que poden chegar ata o 50% do gasto aprobado, teñen como obxectivo a financiación de actuacións de promoción dos nosos viños nos mercados de países non pertencentes á Unión Europea. As accións que se financian son, entre outras, campañas publicitarias, promocións en puntos de venda, deseño e edición de material promocional destinado a eses mercados, misións comerciais, presenza en feiras e exposicións, e elaboración de estudos de mercado.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece