Bóveda encheu a biblioteca de xente, e a rúa de libros

O equipo de Animación Sociocultural do Concello de Bóveda sorprendeu este ano cunha celebración moi especial do Día da Biblioteca. Este espazo tan especial e ás veces esquecido por moitos, onde esperan historias, viaxes, descubrimentos e, en definitiva, todo o coñecemento universal. Só fai falta acudir á Biblioteca Municipal para mergullarse en tan interesante mar de saberes e lecer.

“SOLTA DE LIBROS” POLOS COMERCIOS

Para mover á xente a visitar a Biblioteca de Bóveda, os responsables municipais desenvolveron o pasado 24 de outubro unha xornada de portas abertas para a cidadanía en xeral e tamén para os escolares. Previamente, realizaron unha “solta” de libros polos establecementos comerciais do municipio, para que a clientela poidese coñecer diversos exemplares do fondo de libros da Biblioteca Municipal, e ser invitados a coñecer as súas instalacións. A acollida foi “moi boa”, según recoñecen os responsables do equipo de Animación Sociocultural, “xa que houbo moita xente que recoñeceu non saber que había este tipo de libros na biblioteca, e que lle parecían moi interesantes”.

REGALO DUN LIBRO AOS VISITANTES

O chamamento surtiu efecto, e foron moitos os que visitaron a Biblioteca de Bóveda ao longo do día 24 entre as once da mañá e as sete e media da tarde. O estímulo da visita, e o saber que a biblioteca conta con preto de 5.500 exemplares de fondo conseguiron incorporar unha ducia de novos socios nun só día. O premio para tan fiel parroquia foi o agasallo dun libro a todos aqueles que acudiron á chamada. E seguindo co traballo que ao longo de todo o ano se desenvolve para fomentar a lectura nos máis novos, o alumnado de Educación Infantil do CEIP Rosalía de Castro visitou a Biblioteca como cada quince días, pero neste caso a visita foi especial, pois asistiron a un contacontos para celebrar o Día da Biblioteca.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria e Monforte, un pouco máis cerca: Inaugurado o novo tramo Sarria-Noceda da vía de alta capacidade

Seguinte Nova

O 56% dos concellos galegos xa permiten a tramitación telemática de procedementos

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio