Éxito dos programas de dinamización en Pantón

A aposta de Pantón pola dinamización social está a acadar unha boa acollida entre a cidadanía. Proba diso é o gran éxito da actividade de Ximnasia, que este ano vive unha situación “de case overbooking”, según sinalan os responsables municipais.

BENESTAR FÍSICO E TAMÉN SOCIAL

Dende comezos de outubro as sesións de Ximnasia, que se desenvolven os martes e xoves pola tarde de sete e cuarto a oito e cuarto, e nunha segunda quenda de oito e cuarto ata as nove e cuarto, xunta a un bo número de participantes que non só buscan mellorar a súa forma física, senón tamén procurar unha maior calidade de vida a través do exercicio físico e da participación con outros veciños nunha actividade lúdica.

OS MÁIS CATIVOS, PROTAGONISTAS DOS PREPARATIVOS PARA AS FESTIVIDADES DO ANO

Nesta liña de integración da comunidade nas actividades lúdico-culturais, dende o Concello de Pantón deseñaron unha modalidade de interacción cos máis cativos, de xeito que sexan partícipes dos preparativos das festividades máis salientables do ano. Así, este Samaín ofrece aos menores de 13 anos unha serie de actos festivos onde o terror, a literatura, as proxeccións e unha merenda misturaránse nunha noite de bruxas, bruxos e fadas na que se lles pediu os asistentes que veñan disfrazados. Para celebralo en condicións, os preto dunha ducia de rapaces e rapazas que os luns pola tarde están acollidos ao Programa de Conciliación da vida familiar e laboral poideron recortar, colorear e pegar boa parte dos detalles decorativos que darán vida e cor a unha tardiña de festa.

Este mesmo grupo está xa pensando nas festas do Nadal, para as que, entre as tradicionais celebracións, confíase en poder poñer en marcha unha representación teatral, “a pesares da dificultade que presenta traballar con nenos e nenas de idades tan diversas, sobre todo para conseguir que lean o seu papel”, comentan os responsables municipais. O Programa de Conciliación da vida familiar e laboral ofrece a todas as familias do concello de Pantón a posibilidade de deixar aos rapaces no colexio público entre as oito e as nove da mañá, e que permanezan alí pola tarde ata as seis, con merenda incluída.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

EN BREVE PROCEDEREMOS A LA ACTUALIZACIÓN DE LA VERSIÓN WEB DE ENCOMUN

Seguinte Nova

Aposta pola renovación das infraestruturas urbanas en Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio