Galicia achégase á tendencia europea en alumnado matriculado en Formación Profesional

Con case a totalidade dos datos correspondentes ao curso actual xa computados, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informou de que a Formación Profesional aumentou o seu número de alumnos nun 37,7% nos últimos catro anos. Esta tendencia explícase, según os responsables autonómicos, polo interese que desperta na cidadanía os ciclos formativos, así como a estratexia desenvolvida polo departamento educativo da Xunta para impulsar e poñer en valor a FP “como un sistema de oportunidades, tanto para o acceso ao mundo laboral como para a cualificación e formación ao longo da vida das persoas adultas”. Galicia achégase á tendencia da Unión Europea, ao incrementar o número de alumnado que escolle FP fronte aos de Bacharelato. Neste sentido, destaca a implantación por primeira vez en Galicia da FP a distancia, fundamental para o acceso das persoas adultas a ensinanzas que aportan titulación oficial, sobre todo a traballadores ou con persoas ao seu cargo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aumenta en medio millón de euros o apoio da Xunta para a promoción dos nosos viños no exterior

Seguinte Nova

Aprobado o anticipo parcial da PAC

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: