Monforte participa nun proxecto educativo sobre as xuderías galegas promovido pola Red de Juderías de España

Dirixido aos rapaces de Ribadavia, Tui e Monforte, o proxecto “Sefi, aventuras por la red de juderías” pretende dar a coñecer unha parte da historia de Galicia de xeito didáctico e entretido

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, ven de asinar en Ribadavia un protocolo de colaboración para a posta en marcha do proxecto educativo e cultural “Sefi, o amigo de Sefarad. Aventuras pola Rede de Xudarías”. Esta iniciativa, que integra aos concellos de Ribadavia, Tui e Monforte de Lemos, así como á Cámara de Comercio España-Israel, e na que colaboran o Centro Sefarad Israel e a Red de Juderías de España “Caminos de Sefarad”, ten como obxectivo dar a coñecer aos máis novos as xuderías galegas nos seus diversos aspectos, o patrimonio histórico artístico, a convivencia entre xudeus e cristiáns durante varios séculos, e a súa forma de vida e cultura.

O alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, asinou en Ribadavia o convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto “Sefi, aventuras por la red de juderías”, xunto cos rexedores de Tui e Ribadavia, e os responsables da Cámara de Comercio España-Israel, a Red de Juderías de España “Caminos de Sefarad”, e o Centro Sefarad Israel. Foto cedida.

O PERSONAXE “SEFI” GUIARÁ AOS PARTICIPANTES POLA AVENTURA EN SEFARAD

Según explicaron os seus protomotores, este proxecto ten un enfoque “didáctico e entretido”, no que os máis pequenos poderán coñecer e experimentar, por medio dun xogo divertido e interactivo, unha parte da historia de Galicia descoñecida para a maioría dos galegos. Ao longo do curso 2012-13, un total de 1.000 alumnos de entre 9 e 12 anos procedentes de 10 escolas de Tui, Ribadavia e Monforte partiparán nunha proposta didáctica que se desenvolverá tanto dentro como fóra dos centros educativos. O seu guía será o personaxe “Sefi”, que acompañará aos rapaces polo videoxogo interactivo basado na historia do xudeos de Sefarad, nome que os hebreos daban a España. Aventuras, paisaxes, obxectos e personaxes de época servirán de esceario para a evolución do avatar que crearán os alumnos, e que estará asistido por Sefi ao longo das diversas probas de inxenio que deberá ir superando. Un comic protagonizado por este divertido personaxe será a folla de ruta das diversas probas do xogo, ao tempo que se traballa cun material didáctico e interactivo específico para dar a coñecer o legado dos xudeos e da súa cultura no noso país.

VISITA A UNHA VILA SEFARDÍ CON RECREACIÓN DE ESCEARIOS DE ÉPOCA E XINCANA CULTURAL

Testimonio que os propios alumnos poderán coñecer en primeira persoa na actividade final do proxecto, que consiste nunha visita a un destes escenarios onde se desenvolve esta aventura. A través dunha xincana cultural, con escenificacións teatrais en diversos puntos da cidade, e equipados con materiais específicos como camisetas, mapas e cadernos de lendas creados para a ocasión, os rapaces vivirán por uns intres toda a intensidade da vella Sefarad, e formarán parte do engado da súa cultura.

MÁIS PROMOCIÓN DESTE VALOR HISTÓRICO PARA MONFORTE

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel, a participación nesta iniciativa “é unha oportunidade que Tui, Ribadavia e Monforte teñene de participar na promoción do seu patrimonio cultural e afondar nunha liña de traballo na que levan anos realizando un labor de difusión a través das actividades que realiza por medio das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que anualmente se celebran nas tres vilas galegas”. Asimesmo, dende este colectivo entenden que “a incorporación a este proxecto educativo reafirma o papel que as nosas cidades desempeñan neste ámbito”.

As visitas ao barrio xudeu de Monforte de Lemos son unha actividade moi demandada durante a celebración da Festa da Xudería. Arquivo EC.

PULO PROMOCIONAL Á REDE DE XUDERÍAS NO EXTERIOR

No eido da promoción turística, neste mes de outubo o Instituto de Turismo de España e a Red de Juderías firmaron un convenio para desenvolver accións conxuntas dos destinos e productos da Red para o bienio 2012-2013. Este convenio beneficia a cidades como Monforte de Lemos, integrada na Red de Juderías de España, que será incluida dentro destas iniciativas estratéxicas e relacionadas coa investigación de mercados, publicidade e comunicación, tendo como mercados prioritarios destas accións países como Arxentina, Brasil, Estados Unidos e México.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recta final do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes impartido en Brollón

Seguinte Nova

Aberto ata o 27 de novembro o prazo para inscribirse no Campionato Provincial de Campo a Través de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: