O programa InLugo achega as novas tecnoloxías á vida cotiá

Os cursos, gratuítos e destinados a todas as idades, desenvolveranse ata finais de ano

O Centro de Innovación Social InLugo, dependente da Deputación de Lugo a través da Fundación TIC, leva dende 2011 promovendo actuacións e servizos baseados nas novas tecnoloxías que sirvan para mellorar a calidade de vida dos veciños da provincia e dinamizar o tecido económico. Unha das iniciativas posta en marcha en setembro, e con vixencia ata fin de ano, está integrada por preto dun centenar de cursosque se están a desenvolver nos concellos da nosa provincia. O obxectivo é que os 1.500 veciños aos que vai dirixida este programa formativo poidan sacar o máximo partido ás novas tecnoloxías en aspectos como ocio ou información, facer compras por internet, mellorar o seu negocio, ou incluso para buscar traballo.

Brollón acolleu nestes días dous cursos sobre comercio electrónico e open office, impartidos na aula de informática do colexio público. EC.

RECURSOS ACTUAIS E DE UTILIDADE A NIVEL ASEQUIBLE PARA TODOS OS PÚBLICOS

A temática destes cursos, planteados como “microcápsulas formativas” (sesións de seis horas distribuidas en clases de dúas horas ao longo de tres días en horario de tarde) abrangue aspectos variados; dende aprender a facer un blog ata facer transaccións por banca electrónica (pago de facturas, venda e compra telemáticas), pasando polo posicionamento en redes sociais, a búsqueda de emprego e de empregados na rede, e o manexo de internet para persoas con discapacidade intelectual. Aínda que hai cursos máis específicos, o nivel xeral está pensado para facer máis amigables e útiles as novas tecnoloxías a calquera tipo de público.

ASISTENTES MOTIVADOS SEGÚN IDADE E ADICACIÓN

Os asistentes a estas accións formativas do InLugo acollen as sesións con gran interés “xa que veñen moi motivados”, según explica Alberto Maciñeiras, profesor que ven de impartir en A Pobra do Brollón os cursos sobre comercio electrónico e Open Office na empresa. “Temos alumnos de todas as idades, dende estudiantes a traballadores e incluso xente maior, cada un cos seus obxectivos, pero o teñen claro e por iso aproveitan moito as clases”, explica Maciñeiras, que pon como exemplo a un participante de Brollón que viña buscando achegarse á venta por internet para aplicala ao seu negocio. Ou o caso de xente xa xubilada, “que recoñecen que esta pode ser a súa oportunidade para poñerse diante dun ordenador”, e por iso decántanse por cursos de contido xeral. Pola súa banda, “a xeración máis nova, que xa naceu entre ordenadores, son os que teñen un maior nivel de partida, e buscan os cursos máis específicos”, como os de xestión de blogs, redes sociais, descarga legal de música ou ferramentas para crear bases de datos ou portais web.

CLASES PRÁTICAS CON TEMARIO EN PAPEL E VERSIÓN DIXITAL

Os cursos do InLugo son eminentemente práticos; “traballamos con ordenadores conectados a un proxector, para seguir a explicación de xeito uniforme, e co que facemos unha introdución teórica ao comezo de cada curso”, comenta Alberto Maciñeiras, que sinala que os alumnos reciben tamén o temario completo nunha carpeta en papel, e nun cedé en formato PDF.

PRÓXIMOS CURSOS EN SARRIA, MONFORTE E O INCIO

As próximas citas para achegarse ás novas tecnoloxías de xeito gratuíto e accesible no sur de Lugo terán lugar no mes de decembro. Así, na sala Multiusos da Casa Consistorial de O Incio desenvolverase os días 13 e 14 de decembro o curso “Descarga a túa música de forma legal”, en horario de 17 a 20 horas. Asimesmo, Monforte ven de acoller dous cursos entre o 29 e o 31 de outubro sobre portais web e elaboración de presentacións de proxectos, e ofrecerá outros dous cursos no Edificio Multiusos entre o 3 e o 5 de decembro. “Non perdas a información, as copias de seguridade son a túa solución” impartirase en horario de 16 a 20 horas, e “Computación na NUBE, que é?, para que serve?, como usala?” desenvolverase os mesmos días de 18 a 20 horas. Por último, Sarria acollerá entre o 19 e o 21 de decembro os cursos “Onde estamos, Internet contesta (xeoposición do teu negocio en Internet)” en horario de 16 a 20 horas, e “Descarga a túa música de xeito legal”, en horario de 18 a 20 horas.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobado o anticipo parcial da PAC

Seguinte Nova

Apoio provincial ás actividades máis representativas de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: