Os días 20 e 21 de novembro desenvolverase a primeira das actividades deste programa deseñado pola concellería de Medio Ambiente. Baixo o título de “As tres RRR”, esta actividade versará sobre a reciclaxe, a redución e a reutilización, e está destinada ó alumnado de primeiro ciclo de primaria. A actividade será impartida por seis monitores e dous coordinadores, todos eles estudantes do campus de Lugo. O CEIP Monforte de Lemos, Ferroviario e Torre de Lemos acollerán a actividade o día 20, mentres que o día 21 será a quenda para Escolapios, A Gándara e Infanta Elena. En febreiro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria desenvolverá a actividade “Pegada ecolóxica”, en marzo o alumnado de 6º curso participará no día da árbore e, xa en abril, estudantes de 5 ª curso participarán na actividade “Herbario parques e xardíns”.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en