Recta final do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes impartido en Brollón

Un total de trece alumnos siguen as clases do curso de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións públicas”, que se imparten nas instalacións da biblioteca municipal de A Pobra do Brollón. EC.

Un total de trece alumnos rematarán o vindeiro mes de novembro o curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, que se está a impartir nas dependencias da biblioteca municipal de A Pobra do Brollón dende o 9 de agosto. Esta acción formativa, financiada pola Consellería de Traballo e xestionada directamente polo Concello de A Pobra do Brollón, inclúe 468 horas lectivas que se distribúen en seis horas de clase ao día. Para unha formación máis completa, o curso integra catro módulos teóricos, impartidos por unha enfermeira e unha traballadora social, e un quinto módulo de carácter prático, que se desenvolverá no Centro de Día de A Pobra do Brollón e na residencia Geriatros. Unha vez que os alumnos completen as dúas modalidades formativas que integran o curso, recibirán un Certificado de Profesionalidade, indispensable para desenvolver estas funcións en calquera institución.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober amosará deseño no mirador sobre o Sil

Seguinte Nova

Monforte participa nun proxecto educativo sobre as xuderías galegas promovido pola Red de Juderías de España

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: