Sober amosará deseño no mirador sobre o Sil

Sober disporá dun mirador que desafía ao futuro. No lugar de Cotarro en Bolmente foi instalada nestes días a plataforma de madeira e aceiro cortén deseñada con criterio escultórico que, según os seus promotores, “está realizada de xeito que permita apreciar mellor as sensacións visuais e sonoras que caracterizan a paisaxe da Ribeira Sacra”. A recepción destes traballos que remodelan o miradoiro da Cividade, comezados en xuño e nos que a Secretaría Xeral para o Turismo investiu 113.059 euros, tivo lugar nestes días, coa presenza do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a xefa de servizo da Xefatura Territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez Fernández.

Os novos elementos que integran o miradoiro da Cividade, en Bolmente, xa están instalados no seu lugar de destino. XG.

CORES DA NATUREZA

A remodelación deste espazo turístico implicou unha actuación no contorno da plataforma. Así, dende un punto de vista funcional, o miradoiro suprime a perigosa pendente do último tramo do camiño, facendo que o arranque do pavimento siga a pendente suave do primeiro tramo. O tramo horizontal do miradoiro ten unha lonxitude de trinta e tres metros e unha anchura de sete metros. Según explicaron os responsables da remodelación, os primeiros oito metros aséntanse sobre un terraplenado de pedra, a partir diso o miradoiro vai collendo altura sobre o terreo ata acadar unha elevación de catro metros sobre o miradoiro preexistente. A pasarela está contruída con entaboado de madeira, creando un acceso acorde ao conxunto para que sobre esta estrutura se poida apreciar a contorna clara e permita ao usuario sentirse integrado no medio. Esta integración tamén abrangue á elección de cores e materiais desta estructura, onde o aceiro cortén amosa a cor da cortiza das árbores, e o resto é madeira.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 56% dos concellos galegos xa permiten a tramitación telemática de procedementos

Seguinte Nova

Recta final do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes impartido en Brollón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio