Esta iniciativa recén inaugurada terá a felicidade como concepto de debate na cita do mércores 21 de novembro a partir das 18 horas. Asimesmo, e xa pensando nos máis novos, o 23 de novembro desenvolverase dende as seis da tarde un “Obradoiro expreso de manga” sobre o concepto, deseño e técnicas empregadas nas famosas bandas deseñadas xaponesas. O día 30 Fátima Fernández contará a historia de “O león solitario”, tamén a partir das seis da tarde. Ademais, do 22 ao 28 de novembro estará aberta a exposición “Viviendas pasivas”, organizada pola plataforma da edificación Passivhaus, mostra que recolle os proxectos seleccionados no primeiro Concurso Iberoamericano Passivhaus, ademais de integrar diversos paneis sobre bioconstrución.