
Na noite de Defuntos estreouse o filme de animación “O Apóstolo”, dirixido polo compostelán Gonzalo Cortizo e cuxos decorados poden visitarse na exposición permanente instalada no Museo Etnográfico de Quiroga. Este filme, producido por Artefacto Produccións, contou, entre outras achegas públicas, co apoio da Xunta de Galicia a través dunha subvención de 321.020 euros distribuídos en catro anualidades desde 2008, así como coa achega de máis de 600 persoas que se converteron en valedores da iniciativa a través do sistema de crowdfunding.